Julio I. González Montañés
jgmontanes@gmail.com
Representacións do casamento
En Touro, facíase ata os anos 40 a
Farsa do casamento, parodia dunha voda cos
noivos adecuadamente vestidos, os padriños e unha parranda de invitados.
O enlace burlesco celebrábase nun cercado de acacias en flor simulando unha
igrexa na que estaba o crego e dous diaños que tentaban impedir o casamento.
Farsas semellantes son frecuentes con Entroidos, bonecos que representan
o Carnaval e son casados con gran festa. En Mugares (Toén) e en Cotobade
fixéronse vodas de entroidos ata os anos 50. No caso de Mugares (recuperadas en
2018), os contraentes eran dous bonecos de palla e vimbio, o mazaruco e
a mazaruca, antigamente movidos dende dentro por homes como se fosen
xigantes ou cabezudos, e posteriormente convertidos en monicacos estáticos,
vestidos el de militar e ela de dama elegante. Os noivos partían en carros o
martes de Entroido á mesma hora, un do Moreiro e outro de Mugares, e no medio
do camiño atopábanse e facíase a voda. Outra representación carnavalesca dun matrimonio é a
Voda da Pita de Eiroás (Ourense), aínda que é recente e comezou a
facerse en 1998.
Os Mazarucos de Mugares
A Voda da Pita de Eiroás