Julio I. González Montañés
jgmontanes@gmail.com
Chichotes
Noutros tempos existiron no entroido galego batallas con auga sucia que os contendentes —en xeral rapaces— guindaban con chichotes (tamén chamados cichas, cichois, cichotes, cichóns, chirichóns, chicróns ou chicotes), xiringas artesanais de cana ou de sabugueiro que temos documentadas en Cotobade, Teixeira e Meiraos
(Folgoso do Courel), Sabadelle (Pereiro de Aguiar), Maceda, Armariz (Nogueira
de Ramuín), Vilachá (Pobra
do Brollón) e noutras moitas localidades incluíndo cidades como
Pontevedra, Ourense e A Coruña, donde as menciona en 1823 o madrileño José María Segovia no seu Diario.
Normalmente, as loitas facíanse no domingo corredoiro, tamén chamado domingo de chichotes ou de
rapaces, e existiron noutras zonas de Europa e de América Latina (as
xiringas denominábanse bisnagas en Portugal e no Brasil). Témolas ilustradas dende finais do século XV nas
miniaturas dos Schembartbuche dos carnavais alemáns de Nuremberg, e
abundan no século XIX en gravados que reproducen as festas dos entrudos portugueses e brasileiros. No Brasil as bisnagas foron extraordinariamente populares no século XIX nos carnavais de Rio de
Janeiro, nos que se converteron en símbolo das festas, e as loitas con bisnagas
foron reproducidas en numerosos gravados publicados na prensa da época (cf. Fotos).
Unha máscara galega relacionada coas loitas de chichotes é
O Mexón
de Espasande de Baixo (Riotorto, Lugo), especie de xigante oco cunha persoa no interior que, na déada de 1960, levaba una máquina de sulfatar chea de auga para mollar a xente que non ia disfrazada.
Loita con xiringas no entroido de Nuremberg (sec. XVII)
Revista Illustrada, Angelo Agostini, Rio de Janeiro, 1880
A Paródia, Lisboa, nº 6 (21/02/1900), portada