Julio I. González Montañés
jgmontanes@gmail.com
Loitas grupais: Fareladas, farrapadas e borralladas
Na actualidade quedan en Galicia, como
supervivencia das loitas grupais de Entroido, as fareladas
de Verín,
Xinzo da Limia e Viana do Bolo. Son loitas con farelos (fariña) que
modernamente se fan no luns ou no domingo fareleiro,
cos participantes vestidos con monos ou roupa vella e protexidos con máscaras,
incluso de pintor ou de submarinista, para evitar que os farelos entren nos
ollos e nas vías respiratorias. O costume da fariña é relativamente recente, xa
que antes en moitos sitios se botaban uns a outros cinza (domingo ou luns borralleiro), ferruxe ou serraduras
sucias.
Tamén pervive no luns borralleiro de Laza a farrapada, loita na que os participantes se distribúen en dous grupos e lánzanse entre eles trapos de tela enchoupada en lama e bulleiro. Orixinalmente parece que fareladas e farrapadas eran loitas de sexos, sendo os homes os que
acosaban as mulleres para emporcalas, costume tamén documentada en Portugal e
no Brasil.
Farelada de Verín
Farrapada de Laza