Julio I. González Montañés
jgmontanes@gmail.com
Parodias
de oficios
No ámbito
popular son especialmente interesantes, e abondosas, as farsas e parodias de oficios que satirizan diferentes profesións, con preferencia polas alleas ás
comunidades rurais (xastres, boticarios, médicos, barbeiros, dentistas…). Nos
nosos días destacan polo seu carácter satírico e transgresor as de Santiago de Arriba (Chantada),
pero facíanse e séguense facendo en moitos lugares, antigamente como
complemento das disputas (Vilariño de
Conso, Mugares (Toén), Viana do Bolo, O Barco,
Cotobade...) e tamén dos altos dos Xenerais do Entroido da Ulla (A Estrada, Ponte Ledesma...), e dos desfiles do Exército dos Panos de Mazaricos.
Aparecen
en entroidos moi diferentes, como son o de Castro de Laza e Casa de Naia, e
sabemos que se facían tamén nos carnavais urbanos, onde están documentadas na
segunda metade do século XIX. Unha das representacións más frecuentes era da parodia dunha sementeira, que nalgúns lugares deu lugar a un Xogo das vacas. Moitas das representacións de oficios galegas facíanse en carros, seguindo unha tradición de teatro móvil e simultáneo que ten as súas raices na Idede Media.