Julio I. González Montañés

jgmontanes@gmail.com


Características do teatro de entroido galego


  ​A maioría das pezas que coñecemos son recentes, da segunda metade do século XIX ou xa do XX, en xeral moi breves e escritas en castelán e/ou galego, reflectindo a maioría unha situación claramente diglósica no uso do idioma. A súa intención é declaradamente cómica e as súas características formais coinciden coas habituais do xénero carnavalesco no resto da Península e de Europa:  

       - Parodia por inversión (mundus inversus)
       - Carácter satírico (sátira social, grupal e persoal)
       - Comicidade
       - Realismo groseiro e obsceno na linguaxe
       - Frecuentes alusións á comida, ao sexo e á escatoloxía (literatura do ventre
       - Brevidade
       - Uso do verso e da música