Julio I. González Montañés
jgmontanes@gmail.com
Características do teatro de entroido galego
A maioría das
pezas que coñecemos son recentes, da segunda metade do século XIX ou xa do XX,
en xeral moi breves e escritas en castelán e/ou galego, reflectindo a maioría
unha situación claramente diglósica no uso do idioma. A súa intención é
declaradamente cómica e as súas características formais coinciden coas
habituais do xénero carnavalesco no resto da Península e de Europa:
- Parodia por inversión (mundus inversus)
- Carácter satírico (sátira social,
grupal e persoal)
- Comicidade
- Realismo groseiro e obsceno na
linguaxe
- Frecuentes alusións á comida, ao sexo
e á escatoloxía (literatura do ventre)
- Brevidade
- Uso do verso e da música