Julio I. González Montañés
jgmontanes@gmail.com
Pantomimas
Nos ritos do
Entroido, os disfraces, os actos improvisados e o emprego de máscaras
confírenlle a calquera acto unha natureza parateatral, e o carácter cómico e
lúdico da festa ten como consecuencia unha tendencia á parodia e á burla, que
leva inevitablemente á comedia. É posible que algunhas pantomimas
protagonizadas por máscaras de animais poidan ser supervivencias de ritos
prehistóricos, pero na actualidade hai case sempre nelas un compoñente cómico.
Así sucede coas
Mulas de Viana do
Bolo e Castro Caldelas, as
Morenas (vacas) de Laza e A Mezquita, a
Fera de Moaña e as máscaras de oso e outros animais que existiron nas zonas de
Chantada, Manzaneda e Pedrafita, e aínda sobreviven nalgúns lugares.
As pantomimas son mudas por definición, pero poden ira acompañadas de berros, interxeccións e breves frases como sucede nas pantomimas con vacas/touros, mulas e cabalos, ou en representacións da caza do oso como a de Sande.
Mula de Viana do Bolo